07/02/17

"IS4K: Internet Segura for Kids"

https://www.is4k.es/

Hoxe 7 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día da Internet Segura #SID2017, o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital (SESIAD), pon en marcha Internet Segura for Kids (IS4K).

Este Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España  ten como obxectivo a promoción do uso seguro e responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os nenos e adolescentes. IS4K será, a partir de agora,  o novo Centro de Seguridade en Internet de referencia no territorio nacional, cuxos principais servizos se operarán a través de INCIBE (Instituto Nacional da Ciberseguridade).

As principais tarefas que ten encomendadas son:

    * Sensibilizar e formar a menores, novos, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor, a través do desenvolvemento de campañas, iniciativas e programas de ámbito nacional.
   
    * Ofrecer un servizo de liña de axuda co que asesorar e asistir a menores, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor sobre como facer fronte aos riscos de Internet: contidos prexudiciais, contactos daniños e condutas inapropiadas.

    * Organizar o Día da Internet Segura (Safer Internet Day) en España.

    * Reducir a dispoñibilidade de contido criminal en Internet, principalmente de abuso sexual infantil, dando soporte ás FFCCSE (Forzas e Corpos de Seguridade do Estado).

Acceso a IS4K

20/01/15

COMO INSERIR UN VÍDEO COMO ETIQUETA NA AULA VIRTUAL?

Imaxe: Universidad de Puerto Rico en Cayey.

Para podermos incluír un vídeo no noso curso da aula virtual debebes segir estes pasos:

  1. Copia o código html do vídeo en Youtube.
  2. Vai á aula virtual e preme Engadir un recurso.
  3. Selecciona Inserir unha etiqueta.
  4. Activa a edición en html: botón <>
  5. Pega o código html de Youtube.
  6. Preme Guardar cambios y regresar al curso.

E listo

09/05/14

COMO LIBERAR ESPAZO DO NOSO CORREO EDU.XUNTA?

Imaxe: Ramón París Lago tomada de https://www.edu.xunta.es.

Ás veces atopamos o noso correo corporativo (edu.xunta.es) cheo de mensaxes. Isto pode provocar, entre outros problemas, un colapso da nosa conta que impida a chegada de novos correos. Que podemos facer para solucionar esta dificultade? Pois dúas accións sinxelas:
  1. Baleirar a nosa conta,
  2. e configurala para reenviar todos os correos a outra conta con maior capacidade.
Para seguir estes pasos, ofrecémosvos dúas opcións: ler este manual ou ver estes vídeos TICtoriais de Youtube que creamos na comisión:

27/04/14

CREAR UN DVD CON MENÚ DE INICIO

Imaxe: http://www.dvdstyler.org/

Ás veces temos moitos vídeos e non sabemos como almacenalos. Crear un DVD resulta unha solución moi útil. A través do programa DVD Styler podemos incluír varíos vídeos, configurando un menú de inicio desde o que podemos reproducir todos eles. 
Se queredes descargalo, premede aquí.
Se queredes consultar o titorial en texto, premede aquí.
Se queredes consultar o titorial nun vídeo, mirade o seguinte vídeo:


06/02/14

A IMAXE DO PROXECTOR DOUSE A VOLTA. QUE FACER?


O outro día mentres estabamos manexando as diferentes opcións do MENÚ do proxector da clase, atopámonos con que, de súpeto, a imaxe da pantalla deuse a volta. Despois de moito pensar e probar, atopamos a solución. É esta:
  1. Prememos a tecla MENÚ do proxector.
  2. Situámonos no MENÚ AVANZADO.
  3. Imos a opción INSTALACIÓN.
  4. E seleccionamos o modo DELANTERO-TECHO.
E listo. Agardamos que vos sirva de axuda.

24/01/14

COMO PROGRAMAR O APAGADO DIARIO DA PC?

http://www.informatica-para-principiantes.com/2010/06/programar-apagado-pc-en-windows-xp.html

Ás veces ocorre que os ordenadores da sala de profesores quedan acendidos ata o día seginte. Isto provoca un gasto innecesario de enerxía. Como evitalo? Pois programando unha tarefa na nosa PC. Preme arriba no teu sistema operativo e segue o titorial para creala.

19/06/13

PERSONALIZAR O FONDO DUNHA DIAPOSTIVA


Se premedes na imaxe, poderedes acceder a explicación sinxela de como poderdes incluír unha imaxe personalizada en programas coma Libre Office ou OpenOffice Impress. Ten o seu aquel.

13/06/13

ANALIZANDO OS MITOS NA RELACIÓN NENOS-TIC


Se premedes na imaxe, poderedes acceder a un interesantísimo artigo no que se explican as conclusións dunha investigación novidosa. Tratábase de estudar a relación entre os nenos e nenas de 3 e 4 anos e as TIC. As conclusións son moi interesantes e desmontan algúns mitos e prexuízos que temos os adultos sobre este tema. Lédeo e levaredes algunha sorpresa.
Se queredes baixar a versión resumida en inglés da investigación, premede aquí.

02/05/13

EXTRAER O SON DUN VÍDEO DE YOUTUBE


Moitas veces atopámos en YouTube vídeos con sons ou cancións que necesitamos para algo concreto. Entón pregguntámonos como podemos conseguir ese son da canción e gardalo no noso PC. Pois aquí vos vai un vídeo titorial onde se explica como converter o son do vídeo nun arquivo MP3 co programa aTube Catcher, como o das cancións. 

11/04/13

CREAR E GARDAR A IMAXES CON TRANPARENCIA


O anterior artigo explicaba como, nun documento de texto ou nunha presentación, podiamos modificar unha imaxe para facer que os bordes fosen transparentes. Isto é moi útil para manexar imaxes dentro do propio programa (Writer, Impress, Word ou PPoint). Pero o problema vén cando necesitamos que esa imaxe sexa transparente fóra deses programas, é dicir, cando pretendemos gardar esa imaxe cos bordos transparentes. Pois ben, aquí tendes unha posible solución. Descargade este programa de balde premendo aquí (GIMP) e botádelle un ollo ao titorial premendo na imaxe de enriba. 

05/04/13

COMO DEFINIR A TRANSPARENCIA DUNHA IMAXE?


Ás veces, cando estamos a utilizar unha imaxe, atopámonos cun problema estético. Ao pegar a imaxe cuxos bordos son dunha cor (branco, por exemplo), estes destacan sobre un fondo cunha cor diferente (azul, verde, amarelo...). O resultado é unha imaxe cadrada ou rectangular na que destaca máis o marco ca o obxecto que representa, tal e como aparece na imaxe esquerda de enriba. 
Pois ben, hai unha forma de evitar isto a través de Libre Office ou OpenOffice Draw. Botádelle unha ollada a este titorial ou premede na imaxe para consultalo. A calidade do resultado vai depender do perfilados que estean os bordos. Se o queredes facer con Microsoft Office premede aquí.

26/01/13

OS NÚMEROS DE PÁXINA NO LIBRE OFFICE


O outro día atopeime cun pequeno problema ao manexar o Libre Office Writer. Explícovos: tiña un documento de varias páxinas onde a primeira era a portada. Pois ben, ao inserir o número de páxina despois da portada evidentemente aparecía o número 2. Mais, eu quería que esa fose a primeira páxina do meu documento, porque a primeira era unha portada. Estiven a darlle voltas e voltas, pero nada. Non fun quen. Así que botei man da web e busquei un titorial que hoxe colgo aquí. Premede na imaxe e levaravos a el.

03/12/12

COMO SUBIR UNHA IMAXE AO BLOG DE VOZ NATURA (WORDPRESS)?


O blog de Voz Natura do colexio está en proceso de elaboración. A súa construción vai supoñer subir unha chea de imaxes que se están a facer neste programa. Pois ben, o problema xurdiu perante a necesidade de colgar, en primeiro lugar, unha foto e, en segundo, varias, é dicir, unha galería. Ao primeiro problema trata de responder o vídeo de enriba. A segunda será contestada nun vindeiro artigo.

ALFABETIZACIÓN DIXITAL E WEB 2.0

01/11/12

COMO ENLENTECER UNHA CANCIÓN?


O outro día nunha clase de Infantil, os cativos e cativas estaban a aprender unha canción. Pero atopáronse que, ao cantárena, a música que reproducía o CD ía máis rápida ca eles. Necesitaban que a canción tivese un ritmo moito máis pausado para poder seguila ben.
Como facer iso? De seguido veredes o proceso a seguir cando nos atopamos con este atranco. Ben premendo aquí para ver o proceso en versión HTML ou vendo o vídeo de máis arriba.

30/10/12

UNHA CHEA DE RECURSOS EN GALEGO

Premede na imaxe para poder acceder a un espazo dedicado á recolleita de recursos en galego: dicionarios, tradutores, manuais... Gozádeo!

02/05/12

RECURSOS PARA O GALEGO



O profesorado galego dispón dun amplo abano de recursos interactivos para traballar nas aulas. Entre eles queremos resaltar aquí o seguinte: ENGALEGO

Trátase dunha páxina onde aparecen publicadas infinidade de materiais creados polo profesorado galego participante en actividades de formación durante os anos 2011 e 2012. Fundamentalmente son actividades LIM e do Proxecto XOGAMOS.

18/10/11

O NOSO CENTRO EN ABALAR

O noso centro foi seleccionado como novo centro Abalar. Isto supón un avance significativo na entrada nas aulas das TIC. O equipamento co que contarán ás tres aulas de 5º curso de educación primaria pode verse na imaxe da esquerda.
No enlace seguinte descríbense os medios cos que contaremos no CEIP Emilia Pardo Bazán:

20/05/11

WIKI NO COLEXIO S. FRANCISCO DE PAMPLONA


Interesante traballo publicado na Wiki do colexio San Francisco en Pamplona, que engloba as familias, alumnos/as e profesores, co obxetivo de que os nenos/as realicen unha navegación segura; iniciativa promovida polo equipo Integra TIC do centro, coordinado por Vitori López Martiarena.