A finais de novembro tivo lugar en Madrid o V Congreso Internacional de Educared. Baixo o título de "Innovar en la Escuela" reuníronse máis de 2.000 participantes pertencentes ao mundo da educación.
A presencia de Brasil como país invitado resultou moi interesante polo alto nivel das súas comunicacións.
Se desexas ampliar a información e facer un seguimento das ponencias presentadas accede ao seguinte enlace:
Compartir documentos en liña é un paso para compartir coñecementos , en Educación Infantil xa estamos en marcha, non só para lectura, tamén como traballo colaborativo:
Neste primieiro documento:
Samaín- Halloween, aparece unha listaxe de enlaces relacionados co tema , no que atopamos de todo, xogos en liña, información variada, debuxos para colorear de cabazas, unha galería de fotos das cabazas do colexio...este documento está VIVO, ou sexa que sempre se pode actualizar e modificar.
Varios usuarios poden estar editando o documento desde diferentes ordenadores con conexión a internet.