05/04/13

COMO DEFINIR A TRANSPARENCIA DUNHA IMAXE?


Ás veces, cando estamos a utilizar unha imaxe, atopámonos cun problema estético. Ao pegar a imaxe cuxos bordos son dunha cor (branco, por exemplo), estes destacan sobre un fondo cunha cor diferente (azul, verde, amarelo...). O resultado é unha imaxe cadrada ou rectangular na que destaca máis o marco ca o obxecto que representa, tal e como aparece na imaxe esquerda de enriba. 
Pois ben, hai unha forma de evitar isto a través de Libre Office ou OpenOffice Draw. Botádelle unha ollada a este titorial ou premede na imaxe para consultalo. A calidade do resultado vai depender do perfilados que estean os bordos. Se o queredes facer con Microsoft Office premede aquí.

26/01/13

OS NÚMEROS DE PÁXINA NO LIBRE OFFICE


O outro día atopeime cun pequeno problema ao manexar o Libre Office Writer. Explícovos: tiña un documento de varias páxinas onde a primeira era a portada. Pois ben, ao inserir o número de páxina despois da portada evidentemente aparecía o número 2. Mais, eu quería que esa fose a primeira páxina do meu documento, porque a primeira era unha portada. Estiven a darlle voltas e voltas, pero nada. Non fun quen. Así que botei man da web e busquei un titorial que hoxe colgo aquí. Premede na imaxe e levaravos a el.

03/12/12

COMO SUBIR UNHA IMAXE AO BLOG DE VOZ NATURA (WORDPRESS)?


O blog de Voz Natura do colexio está en proceso de elaboración. A súa construción vai supoñer subir unha chea de imaxes que se están a facer neste programa. Pois ben, o problema xurdiu perante a necesidade de colgar, en primeiro lugar, unha foto e, en segundo, varias, é dicir, unha galería. Ao primeiro problema trata de responder o vídeo de enriba. A segunda será contestada nun vindeiro artigo.

ALFABETIZACIÓN DIXITAL E WEB 2.0

01/11/12

COMO ENLENTECER UNHA CANCIÓN?


O outro día nunha clase de Infantil, os cativos e cativas estaban a aprender unha canción. Pero atopáronse que, ao cantárena, a música que reproducía o CD ía máis rápida ca eles. Necesitaban que a canción tivese un ritmo moito máis pausado para poder seguila ben.
Como facer iso? De seguido veredes o proceso a seguir cando nos atopamos con este atranco. Ben premendo aquí para ver o proceso en versión HTML ou vendo o vídeo de máis arriba.

30/10/12

UNHA CHEA DE RECURSOS EN GALEGO

Premede na imaxe para poder acceder a un espazo dedicado á recolleita de recursos en galego: dicionarios, tradutores, manuais... Gozádeo!

02/05/12

RECURSOS PARA O GALEGO



O profesorado galego dispón dun amplo abano de recursos interactivos para traballar nas aulas. Entre eles queremos resaltar aquí o seguinte: ENGALEGO

Trátase dunha páxina onde aparecen publicadas infinidade de materiais creados polo profesorado galego participante en actividades de formación durante os anos 2011 e 2012. Fundamentalmente son actividades LIM e do Proxecto XOGAMOS.

18/10/11

O NOSO CENTRO EN ABALAR

O noso centro foi seleccionado como novo centro Abalar. Isto supón un avance significativo na entrada nas aulas das TIC. O equipamento co que contarán ás tres aulas de 5º curso de educación primaria pode verse na imaxe da esquerda.
No enlace seguinte descríbense os medios cos que contaremos no CEIP Emilia Pardo Bazán:

20/05/11

WIKI NO COLEXIO S. FRANCISCO DE PAMPLONA


Interesante traballo publicado na Wiki do colexio San Francisco en Pamplona, que engloba as familias, alumnos/as e profesores, co obxetivo de que os nenos/as realicen unha navegación segura; iniciativa promovida polo equipo Integra TIC do centro, coordinado por Vitori López Martiarena.