12/11/08

Proxecto Alquimia

Mediante 32 unidades de aprendizaxe, o Proxecto Alquimia facilita aos nenos a comprensión da contorna natural e social que lles rodea e incide en diversos aspectos de sensibilidade medioambiental e educación para a saúde. Partindo dunha división inicial para os tres ciclos de Primaria, mantense ao longo do recurso a estrutura de cinco grandes bloques de contidos: Medro feliz?, Animais e plantas?, Máquinas e ferramentas?, O meu planeta? e A máquina do tempo?. En castelán

11/11/08

"Os artrópodos no planeta Terra"


Esta divertida aplicación de Raúl Martínez Cristóbal vai dirixida a alumnos/as de Primaria, Secundaria e Bacharelato, e indaga no universo dos artrópodos (insectos, crustáceos, miriápodos, arácnidos...). Poderás atopar xogos, información e todo tipo de imaxes nos seus 190 apartados (cada un deles con diversos subapartados e animacións). En castelán