07/02/17

"IS4K: Internet Segura for Kids"

https://www.is4k.es/

Hoxe 7 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día da Internet Segura #SID2017, o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital (SESIAD), pon en marcha Internet Segura for Kids (IS4K).

Este Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España  ten como obxectivo a promoción do uso seguro e responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os nenos e adolescentes. IS4K será, a partir de agora,  o novo Centro de Seguridade en Internet de referencia no territorio nacional, cuxos principais servizos se operarán a través de INCIBE (Instituto Nacional da Ciberseguridade).

As principais tarefas que ten encomendadas son:

    * Sensibilizar e formar a menores, novos, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor, a través do desenvolvemento de campañas, iniciativas e programas de ámbito nacional.
   
    * Ofrecer un servizo de liña de axuda co que asesorar e asistir a menores, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor sobre como facer fronte aos riscos de Internet: contidos prexudiciais, contactos daniños e condutas inapropiadas.

    * Organizar o Día da Internet Segura (Safer Internet Day) en España.

    * Reducir a dispoñibilidade de contido criminal en Internet, principalmente de abuso sexual infantil, dando soporte ás FFCCSE (Forzas e Corpos de Seguridade do Estado).

Acceso a IS4K