02/05/12

RECURSOS PARA O GALEGO



O profesorado galego dispón dun amplo abano de recursos interactivos para traballar nas aulas. Entre eles queremos resaltar aquí o seguinte: ENGALEGO

Trátase dunha páxina onde aparecen publicadas infinidade de materiais creados polo profesorado galego participante en actividades de formación durante os anos 2011 e 2012. Fundamentalmente son actividades LIM e do Proxecto XOGAMOS.

18/10/11

O NOSO CENTRO EN ABALAR

O noso centro foi seleccionado como novo centro Abalar. Isto supón un avance significativo na entrada nas aulas das TIC. O equipamento co que contarán ás tres aulas de 5º curso de educación primaria pode verse na imaxe da esquerda.
No enlace seguinte descríbense os medios cos que contaremos no CEIP Emilia Pardo Bazán:

20/05/11

WIKI NO COLEXIO S. FRANCISCO DE PAMPLONA


Interesante traballo publicado na Wiki do colexio San Francisco en Pamplona, que engloba as familias, alumnos/as e profesores, co obxetivo de que os nenos/as realicen unha navegación segura; iniciativa promovida polo equipo Integra TIC do centro, coordinado por Vitori López Martiarena.

07/03/10

COMPETENCIA DIXITAL NA AT. Á DIVERSIDADE



Os pasados días 26 e 27 de febreiro tiveron lugar en Pontevedra as IV Xornadas TADEGa. A pesares da suspensión da xornada da tarde do sábado pola chegada da cicloxénesis Xintra, as sesións realizadas amosaron un alto nivel de participación. As experiencias presentadas cubriron un amplo abano de realidades educativas na atención á diversidade nos centros escolares galegos.
Presentaronse experiencias novedosas como por exemplo a titulada: "Xandre, o elefante sen sombra". Trátase dun conto interactivo para nenos e nenas de 3 a 8 anos co desexo de que sexa para todos e todas sen importar a discapacidade que se poda ter.



28/02/10

REPORTAXE SOBRE BLOGS EDUCATIV0S

Interesante reportaxe sobre a blogosfera educativa en CÁMARA ABIERTA, un programa da TVE2. Preme na imaxe para saber máis.

14/12/09

RECURSOS

A seguinte dirección amosa unha páxina chea de recursos TIC que nos poden interesar e axudar no noso traballo.

http://centros.edu.xunta.es/cfr/pontevedra/antonvicente/index.htm

07/12/09

V Congeso Educared: "INNOVAR EN LA ESCUELA"


A finais de novembro tivo lugar en Madrid o V Congreso Internacional de Educared. Baixo o título de "Innovar en la Escuela" reuníronse máis de 2.000 participantes pertencentes ao mundo da educación.

A presencia de Brasil como país invitado resultou moi interesante polo alto nivel das súas comunicacións.

Se desexas ampliar a información e facer un seguimento das ponencias presentadas accede ao seguinte enlace:

* INNOVAR EN LA ESCUELA, MODELOS, EXPERIENCIAS Y PROTAGONISTAS DE LA INNOVACIÓN EN LAS TIC.