13/06/13

ANALIZANDO OS MITOS NA RELACIÓN NENOS-TIC


Se premedes na imaxe, poderedes acceder a un interesantísimo artigo no que se explican as conclusións dunha investigación novidosa. Tratábase de estudar a relación entre os nenos e nenas de 3 e 4 anos e as TIC. As conclusións son moi interesantes e desmontan algúns mitos e prexuízos que temos os adultos sobre este tema. Lédeo e levaredes algunha sorpresa.
Se queredes baixar a versión resumida en inglés da investigación, premede aquí.

02/05/13

EXTRAER O SON DUN VÍDEO DE YOUTUBE


Moitas veces atopámos en YouTube vídeos con sons ou cancións que necesitamos para algo concreto. Entón pregguntámonos como podemos conseguir ese son da canción e gardalo no noso PC. Pois aquí vos vai un vídeo titorial onde se explica como converter o son do vídeo nun arquivo MP3 co programa aTube Catcher, como o das cancións. 

11/04/13

CREAR E GARDAR A IMAXES CON TRANPARENCIA


O anterior artigo explicaba como, nun documento de texto ou nunha presentación, podiamos modificar unha imaxe para facer que os bordes fosen transparentes. Isto é moi útil para manexar imaxes dentro do propio programa (Writer, Impress, Word ou PPoint). Pero o problema vén cando necesitamos que esa imaxe sexa transparente fóra deses programas, é dicir, cando pretendemos gardar esa imaxe cos bordos transparentes. Pois ben, aquí tendes unha posible solución. Descargade este programa de balde premendo aquí (GIMP) e botádelle un ollo ao titorial premendo na imaxe de enriba. 

05/04/13

COMO DEFINIR A TRANSPARENCIA DUNHA IMAXE?


Ás veces, cando estamos a utilizar unha imaxe, atopámonos cun problema estético. Ao pegar a imaxe cuxos bordos son dunha cor (branco, por exemplo), estes destacan sobre un fondo cunha cor diferente (azul, verde, amarelo...). O resultado é unha imaxe cadrada ou rectangular na que destaca máis o marco ca o obxecto que representa, tal e como aparece na imaxe esquerda de enriba. 
Pois ben, hai unha forma de evitar isto a través de Libre Office ou OpenOffice Draw. Botádelle unha ollada a este titorial ou premede na imaxe para consultalo. A calidade do resultado vai depender do perfilados que estean os bordos. Se o queredes facer con Microsoft Office premede aquí.

26/01/13

OS NÚMEROS DE PÁXINA NO LIBRE OFFICE


O outro día atopeime cun pequeno problema ao manexar o Libre Office Writer. Explícovos: tiña un documento de varias páxinas onde a primeira era a portada. Pois ben, ao inserir o número de páxina despois da portada evidentemente aparecía o número 2. Mais, eu quería que esa fose a primeira páxina do meu documento, porque a primeira era unha portada. Estiven a darlle voltas e voltas, pero nada. Non fun quen. Así que botei man da web e busquei un titorial que hoxe colgo aquí. Premede na imaxe e levaravos a el.

03/12/12

COMO SUBIR UNHA IMAXE AO BLOG DE VOZ NATURA (WORDPRESS)?


O blog de Voz Natura do colexio está en proceso de elaboración. A súa construción vai supoñer subir unha chea de imaxes que se están a facer neste programa. Pois ben, o problema xurdiu perante a necesidade de colgar, en primeiro lugar, unha foto e, en segundo, varias, é dicir, unha galería. Ao primeiro problema trata de responder o vídeo de enriba. A segunda será contestada nun vindeiro artigo.

ALFABETIZACIÓN DIXITAL E WEB 2.0

01/11/12

COMO ENLENTECER UNHA CANCIÓN?


O outro día nunha clase de Infantil, os cativos e cativas estaban a aprender unha canción. Pero atopáronse que, ao cantárena, a música que reproducía o CD ía máis rápida ca eles. Necesitaban que a canción tivese un ritmo moito máis pausado para poder seguila ben.
Como facer iso? De seguido veredes o proceso a seguir cando nos atopamos con este atranco. Ben premendo aquí para ver o proceso en versión HTML ou vendo o vídeo de máis arriba.

30/10/12

UNHA CHEA DE RECURSOS EN GALEGO

Premede na imaxe para poder acceder a un espazo dedicado á recolleita de recursos en galego: dicionarios, tradutores, manuais... Gozádeo!

02/05/12

RECURSOS PARA O GALEGO



O profesorado galego dispón dun amplo abano de recursos interactivos para traballar nas aulas. Entre eles queremos resaltar aquí o seguinte: ENGALEGO

Trátase dunha páxina onde aparecen publicadas infinidade de materiais creados polo profesorado galego participante en actividades de formación durante os anos 2011 e 2012. Fundamentalmente son actividades LIM e do Proxecto XOGAMOS.