23/11/08

O SÉCULO XX EN MÁIS DE 2 MILLÓNS DE IMAXES

Google colga parte do fondo gráfico da revista 'LIFE', con imaxes que se remontan ata o século XVIII. Son dous millóns de fotos coa memoria visual dun século: o mariñeiro que bica arrebatadamente a unha enfermeira en Times Square para celebrar o fin da II Guerra Mundial; o astronauta Neil Armstrong nos biosbardos; o magnicidio de Kennedy en Dallas. O buscador Google colgou na rede dous millóns de imaxes procedentes do fondo fotográfico da soada revista Life. Son gratis e preto do 95% non se publicaron nunca, segundo sinalaron fontes da revista nun comunicado. As máis antigas remóntanse a 1750.