03/11/08

TOC TOC...Ai non!! TICTICTIC


Benvidas/os a este novo edublog no que trataremos de reflectir a integración das novas tecnoloxías no noso traballo diario. A presión mediática (AULABLOGUE, FACEMOSMÚSICA, PASIÑO A PASIÑO...) "obrígannos" a presentarnos en sociedade antes do que pensabamos. Agardamos que os contidos vos sexan útiles e que dalgún xeito formedes parte do equipo.